Axenda

18 abr., 2024
⛴️ Nesta intensa viaxe que está sendo #BoaSorteMalaFama ✨ últimamente houbo algún cambio de data de desembarque, que non cambio de rumbo! ♥️ Para as incribles persoas que agardades por nós nos distintos peiraos, vai acó un caderno de bitácora actualizado 📖🖋️, a falta doutras datas e portos que pronto se engadirán á nosa ruta! 🧭 Marcadiños cunha áncora ⚓ están os lugares polos que xa pasamos! 🫀 Estamos desexando atoparnos con vós! 🪶
12 abr., 2024
⛴️⚓ Un dos nosos lugares favoritos no mundo é Cedeira ⛴️⚓ Non só por ter rincóns sagrados con vistas incribles, como San Andrés 💙 Ou por ter tanta beleza como bondade no seu interior... Que va! É que no Concello de Cedeira sempre sentimos a benvida por resposta, a aperta e a calidez 🫂✨ Por iso nos fai tanta ilusión botar áncoras con #BoaSorteMalaFama no seu auditorio este sábado, 13 de abril. 🎭 Décima función deste espectáculo que tanta ledicia nos está dando! 🎟️ Entrada 2,5€. 👥 Público adulto.
06 abr., 2024
🟡🎭 Mañá conclúen as funcións de celebración do Día Mundial do Teatro organizadas por Cultura da Deputación da Coruña 🎭🔵 Catro funcións para #BoaSorteMalaFama ⛴️ que foi recalando nos portos do Concello de Ares, Concello de Laxe, Concello de Cerceda e mañá (fin desta viaxe celebrativa), botaremos áncoras no porto do Concello de Santiso ⚓ 🥳 Fainos unha moi especial ilusión chegar a Santiso, porque ao igual que sucedeu en Ares, foi un dos lugares onde fixemos entrevistas a emigrantes que xa retornaran á súa terra e, ademais, finalmente a nosa Carmen Conde incluiu unha das súas historias na dramaturxia do espectáculo ✍🏻 🤍 É moi emocionante poder amosarlles o resultado feito montaxe teatral! 😍 🪶 Agradecemos esta singradura a Cultura da Deputación da Coruña e a cada concello que nos abriu as súas portas 💙 E dende logo, a cada espectador e a cada espectadora que nos agasallou algo tan importante como a súa atención e as súas emocións! 🥲
03 abr., 2024
💜 O Elas Son Artistas é un dos festivais que máis loita pola Cultura e pola Igualdade. 💜 🤩 É unha honra inmensa para nós formar parte por segunda vez dunha programación á que se lle pon tanto amor! ⛴️ #BoaSorteMalaFama visitará o 14 de setembro o Concello de Betanzos a través da súa área de Igualdade. Grazas a Tomi Desastre, a 10d10 [ dezdedez ] e a TODA a organización do festival! Longa vida a vós! 🔥
29 mar., 2024
📸 O pasado mércores 27, con #BoaSorteMalaFama no Concello de Laxe 🌊 grazas a Cultura da Deputación da Coruña 🎭✨ 🫀 O salón de actos culturais encheuse dun público atento, implicado e que nos agasallou todas as súas emocións!! 🥰 🥳 Foi unha celebración do Día Mundial do Teatro ben fermosa!! 🚢 Próximo porto de desembarque, Concello de Cerceda 💙
27 mar., 2024
🌊 Así remataba onte a nosa función de #BoaSorteMalaFama no CIRS Cervás 🚢 🫀 Tivemos con nós a un público atento cos cinco sentidos e co corazón que encheu nun día de tempestade 🥰 🗂️ Foi unha desas vivencias que quedan para sempre no arquivo da nosa memoria! Polo acollemento e polo coidado tan grande que nos deron, especialmente Alma Barrón que nos tivo na gloria e mimou cada detalle 🌹🌹🌹 Grazas ao Concello de Ares , á asociación que lle dá vida dun xeito tan fermoso a un edificio centenario 🏤 feito por emigrantes e á Cultura da Deputación da Coruña 🎭 Hoxe botamos áncoras en Laxe ⚓
19 mar., 2024
🚢♥️ Este domingo #BoaSorteMalaFama chega ao lugar onde medrou, que lle foi casa durante dous meses enteiros, onde os soños se fixeron realidade: á Casa da Cultura do Concello De Sarria 📦 E non só medrou alí, senón que tamén foi vista por primeira vez nos ensaios abertos!! 👀 Por iso nos dá tanta alegría volver á casiña pola primavera e facer a función para todo o público!! 📻 Vémonos nesta cita tan especial!! Grazas por ser porto de saída!! O domingo voltamos ancorar!! ⚓
18 mar., 2024
🎂 Cinco anos de Tarabela Creativa 🎂 Hoxe estamos de aniversario. Cremos nun soño e cada día traballamos como formiguiñas 🐜 para facelo realidade ✨ Tarabela ser somos estes dous. Ás veces parece imposible (porque o é) chegar a todas partes. E tamén nos parece por momentos que máis que dous, somos douscentos, pero non. Temos a inmensa fortuna de dedicarnos a algo que nos enche, á nosa paixón. E de rodearnos de persoas marabillosas! ♥️ E a verdade é que cinco anos é pouco tempo, pero vivimos un lote de experiencias fermosísimas e un feixe de aprendizaxes (que é cómo se lle chama a aqueles eventos que che fan baixar santos do ceo) 😇 Un lustro enteiro. De materializar ideas, de atrevernos e de non romantizar, aínda sabendo que o noso oficio é unha verdadeira fantasía! 🧚🏼‍♀️ Benvido sexa o futuro! 🥳 Seguimos sachando!!
18 mar., 2024
Este venres, #MIKRAMA! Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis: E na semana que se celebra o día da Narración Oral, nós traemos a Carmen Conde e o seu espectáculo Mikrama. Anotade a data que é a ocasión é para non perdela. 😍 @narracionoralgalega_noga Narración Oral Galega Carmen Conde Gaute @carmenconde_ #Mikrama
Máis eventos
Share by: