Diseño del blog

🟡🎭 Mañá conclúen as funcións de celebración do Día Mundial do Teatro organizadas por Cultura da Deputación da Coruña 🎭🔵
Catro funcións para #BoaSorteMalaFama ⛴️ que foi recalando nos portos do Concello de Ares, Concello de Laxe, Concello de Cerceda e mañá (fin desta viaxe celebrativa), botaremos áncoras no porto do Concello de Santiso ⚓
🥳 Fainos unha moi especial ilusión chegar a Santiso, porque ao igual que sucedeu en Ares, foi un dos lugares onde fixemos entrevistas a emigrantes que xa retornaran á súa terra e, ademais, finalmente a nosa Carmen Conde incluiu unha das súas historias na dramaturxia do espectáculo ✍🏻 🤍 É moi emocionante poder amosarlles o resultado feito montaxe teatral! 😍

🪶 Agradecemos esta singradura a Cultura da Deputación da Coruña e a cada concello que nos abriu as súas portas 💙 E dende logo, a cada espectador e a cada espectadora que nos agasallou algo tan importante como a súa atención e as súas emocións! 🥲
Share by: