Diseño del blog

Esta semana vimos de estar na fermosísima #Mugardos con persoas grandes e cativas no obradoiro #AsMulleresQueNosConstrúen 💜✨ O sol de febreiro acompañounos mentres a rapazada dos colexios Santiago Apóstolo e Unión Mugardesa nos contaba as historias das mulleres máis importantes das súas familias. Fixeron descubrimentos, colaxes, escribiron relatos de vida e deixaron feitos uns murais ben paveros! Tamén nos xuntamos con algunhas mulleres que nos contaron en primeira persoa as súas vivencias. E nós puidemos sentir Mugardos a través das súas lembranzas, da súa ollada ao pasado, do seu namoramento da paisaxe e da súa emoción. 🥰
Share by: